A Coruña, 18 de maio do 2020.- A Asociación de Enxeñeiros da Telecomunicación de Galicia presentarán o próximo venres día 22 de maio, un encontro virtual conducido polo xornalista Manuel Blanco e que contará coa presenza do presidente de PuntoGal, Manuel González e o presidente da AETG e decano da COETG, Julio Sánchez Agrelo, e levará como título “Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos”
Este evento faise en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2020, e terá lugar o vindeiro 22 de maio ás 12 horas.
A inscrición é gratuíta a través dun formulario e a conexión realizarase a través de zoom. Este acto organizado pola AETG está enmarcado no plan de accións de difusión de 2020 para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información, coa colaboración da Amtega.
PROGRAMA
11.50 h. Conexión telemática de asistentes
12.00 h. Presenta e modera: Manuel Blanco, xornalista
12.05 h. Debate: “Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos”
Participan: Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG e Manuel González González, presidente PuntoGal13.00 h. Clausura