Por que temos tantas opcións de rexistro? Que aportan os rexistradores? Por que hai diferenzas nos prezos e nos servizos que oferta?
Para mercar un dominio .gal tes que falar cun dos nosos rexistradores. Se cadra, xa traballas con algún. Se non é así, nesta listaxe podes decidir cal che convén máis, visitar as súas páxinas e ver que outros produtos complementarios che poden interesar.
Esta páxina está elaborada coa información que nos proporcionan eles, así que recorda comprobar todas as condicións na páxina do rexistrador.
Para non se confundir neste mundo dos rexistros da rede e importante ter claro o que pode facer cada uno dos dierentes actores.
Por unha parte está a ICANN (Corporación para asignar nomes e números). E a entidade que se encarga de que todo na rede funcione e que as cousas se podan atopar polo seu nome. Sen ánimo de lucro e internacional, vai máis alá do técnico buscando o equilibro e a representatividade de todas as culturas e comunidades na rede.
Claro que a ICANN non pode encargarse de rexistrar todos os dominios que funcionan. Por iso delega nos operadores de dominio, ou rexistros, coma PuntoGal. Nós mantemos e promovemos o uso dun dominio cultural e xeográfico, pero non vendemos dominios directamente. Iso o fan outras entidades, máis técnicas, que son os rexistradores.
Os rexistradores son empresas acreditadas pola ICANN para a venda de nomes de dominio. Poden vender dominios diferentes, e normalmente ofrecen outros servizos na rede e poden complementar uns con outros, de xeito que para poñer en marcha un correo ou unha pásxina web non é preciso depender de distintas empresas ou proveedores.
Os rexistradores que podes ver a continuación son os que venden dominios .gal. Podes ver os prezos que nos comunicaron na nosa listaxe.