M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

13/07/18
O dominio .gal fai cinco anos

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018.- PuntoGal celebra mañá o quinto aniversario da concesión do dominio por parte de ICANN, o organismo internacional que regulamenta a rede. O 14 de xuño do ano 2013 a asociación finalizou un longo traballo de preparación, presentación e aprobación da candidatura, iniciado en xuño de 2006, e conseguido co apoio de institucións, asociacións, empresas e miles de cidadáns que asinaron solicitando o .gal para a cultura e a lingua galegas.

                                    O dominio celebrará o aniversario cunha promoción especial de duración limitada. Entre o 14 e o 17 de xuño será posible obter un .gal por tan só cinco euros + IVE como prezo máximo. Os rexistros poderán realizarse nas seguintes empresas adheridas á promoción: Blacknight, CdMon, Core, Dinahosting, Don Dominio, Com Laude e Openprovider. Pódese consultar toda a información sobre a campaña en dominio.gal/promocions/ Co motivo da promoción, lanzarase unha campaña de publicidade en distintas webs e nas redes sociais.

                                    A día de hoxe, PuntoGal ten rexistrados máis de 4.700 dominios, mantendo o obxectivo de rematar o ano por enriba da simbólica cifra dos 5.000 rexistros. Dende a posta en funcionamento da primeira páxina, dominio.gal, o 16 de maio de 2014, moitas entidades se sumaron ao proxecto, empezando polos 93 pioneiros que iniciaron o camiño e viron a luz o 25 de xullo. A asociación está igualmente satisfeita da taxa de renovación dos dominios, que se mantén en porcentaxes elevadas.

                                    A asociación segue traballando por incentivar tanto o rexistro de novos dominios como a promoción da lingua e cultura galegas na rede, sexa directamente ou a través de acordos de colaboración con outras entidades. Nese sentido, este ano fixéronse actuacións como o concurso de microrrelatos en colaboración coa Real Academia Galega; a impresión de 12.000 marcapáxinas para celebrar as feiras do libro de Galicia xunto coa Federación de Libreiros, Política Lingüística e o IES Leixa de Ferrol; ou a promoción do Día das Letras da man de ReiZentolo. Para o segundo semestre do ano, PuntoGal prepara novas actividades, que abarcan dende a súa presenza na feira Culturgal ata novas iniciativas no ámbito tecnolóxico como xa se fixo no seu momento co lanzamento de i.gal e velaqui.gal en colaboración con Dinahosting.

PuntoGal quere aproveitar a celebración do aniversario para recoñecer o traballo realizado por todas as persoas que apostaron pola iniciativa dende o principio e dedicaron traballo e tempo, poñendo a partes iguais ilusión e esforzo, para que o dominio galego sexa unha realidade. Igualmente, agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto. O dominio é voso.

Compartir

Compartir