M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

24/11/20
Estreamos web

Benvidas todas á nova web do dominio .gal.
Temos un novo deseño que resulta máis sinxelo e máis claro para navegar, tanto no ordenador coma nas tabletas ou nos móbiles.

Ademais dos contidos aos que xa estades afeitos, podedes seguir as novas das cousas que facemos desde PuntoGal, consultar as ofertas e promocións, botar un ollo ás notas de prensa ou acceder á documentación máis técnica.

Na nova páxina poderás atopar as seguintes seccións principais:

  • Promocións: xa sabes de que de vez en cando temos ofertas ou condicións vantaxosas para mercar dominios. Nesta sección é onde as podes atopar.
  • Por que .gal: por se precisas algunha razón máis para ter un dominio galego, aquí recordámosche varias.
  • Como .gal: son so tres pasos para ter un dominio. Aquí podes ver o sinxelo e doado que é.
  • Rexistradores: nesta sección podes acceder a unha táboa cos prezos dos dominios de cada rexistrador asociado a PuntoGal. Podes ver os servizos adicionais que ofrecen e ver aqueles que contan cunha promoción actualmente.
  • Novas: as cousas que che poden interesar, as cousas que nos pasan ou que facemos que nos pasen. Se queres que contemos algo de ti, escríbemos a info@dominio.gal
  • Comunicación: para os profesionais da información, aquí temos material que vos pode interesar. Notas de prensa, material corporativo, e fotos por se queres falar de nós.
  • Historias PuntoGal: detrás de cada rexistro hai unha historia, e nesta sección imos contala. Empezamos falando con Nós Diario, As Nosas, Urdime ou A.gal. Se queres aparecer nesta sección non dubides en poñerte en contacto con nós en info@dominio.gal
  • O dominio: falamos un pouco do que facemos e da nosa historia.
  • O equipo: para que coñezas quen somos e o que facemos cada un dos que estamos traballando cada día no dominio.
  • A Asociación: un par de notas sinxelas sobre quen está detrás do dominio, que podes ampliar en asociacion.gal
  • Rexistrar ou revender .gal: para profesionais. Se queres incorporar o noso dominio ao teu catálogo, ou se te queres manter en contacto con nós a través do noso boletín profesional, este é o lugar.
  • Preguntas frecuentes: o lugar no que resolver as túas dúbidas sobre o dominio
  • Mapa da web: por se tes dúbidas de onde colocamos as cousas
  • Ferramentas: Acurtador de direccións, envíos de arquivos masivos ou o teu documento de identidade, nun click.

Aínda así, pode ser que haxa cousas que non atopes ou nas que nos confundiramos. Pode ser. Pero estamos a tempo de rectificar. Só tes que dicírnolo en info@dominio.gal.

Compartir

Compartir